O alcalde do Incio toma posesión como deputado provincial do PP

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Ocupará a acta que deixou Carmen José López e tomará posesión na sesión ordinaria do día 30
hector-corujo-alcalde-do-incio
Héctor Corujo fixo entrega da documentación para ser deputado
20 Jul 2024

A Xunta Electoral Central xa remitiu a documentación necesaria para que o alcalde de O Incio, Héctor Corujo, tome posesión como deputado provincial do Grupo Popular no pleno deste mes.

Segundo a documentación remitida pola Xunta Electoral Central, Héctor Corujo tomará posesión en substitución, por renuncia, de Carmen José López por figurar como suplente na lista de candidatos presentada tralas eleccións municipais de maio de 2023.

O novo deputado provincial do PP vén de entregar toda a documentación e de asinar as declaracións de bens e incompatibilidades como o paso previo á toma de posesión que terá lugar no pleno provincial deste mes.

Tras realizar estes pasos previos, Héctor Corujo destaca que chega á Deputación de Lugo “moi ilusionado e con moitas gañas de traballar para buscar solucións aos problemas da miña provincia e dos seus veciños”.

“Veño con moitas gañas de traballar, pero tamén de aprender xa que neste grupo todos os compañeiros están moi capacitados e seguro que de todos aprendo moito”, destacou.

O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que o novo deputado popular tomará posesión ao comezo da sesión ordinaria do vindeiro día 30 polo que “xa poderá participar como un deputado máis do propio pleno”.

Os deputados do Grupo Provincial Popular danlle a benvida a Héctor Corujo e explican que “será un deputado moi importante, ao igual que o resto de compañeiros, dada a súa dilatada experiencia política e o seu amplo coñecemento do funcionamento da administración local”.

0.15048003196716