O Alevín A da SD Sarriana quedou subcampión da Copa Deputación de Lugo no Corgo

SarriaXa
O Alevín A da SD Sarriana quedou subcampión da Copa Deputación de Lugo no Corgo despois de enfrontarse contra o Viveiro
Alevin A Sarriana copa deputacion
Alevin A Sarriana copa deputacion
30 Maio 2023

O equipo Alevín A da SD Sarriana quedou subcampión da Copa Deputación de Lugo despois de enfrontarse ao SD Viveiro na categoría Alevín no campo do Corgo o pasado sábado, 27 de maio.

Desde a organización deportiva sosteñen que a fase final da Copa Deputación "foi moi competitiva en todos os partidos que se celebraron" e explica que "segundo iamos pasando de cuartos á final, incrementouse moito a competitividade dos equipos".

Así, sosteñen que os partidos estiveron "moi igualados pero polo espírito e garra que sacaron os nosos, fíxonos chegar á final contra o SD Viveiro. En resumo, argumentan, "foi unha xornada de fútbol moi feliz polo ambiente e a boa amizade de todos os equipos participantes".

Agora as forzas e os ánimos están postos para o Torneo Memorial Pedro Canoa, que terá lugar esta fin de semana.

0.15922784805298