O alumnado da comarca de Sarria poderá participar no primeiro Concurso de Banda Deseñada

SarriaXa
O alumnado da comarca de Sarria poderá participar no primeiro Concurso de Banda Deseñada organizado pola EOI
Ies Gregorio Fernández Sarria
Ies Gregorio Fernández Sarria
29 Abr 2023

A Extensión de Sarria da Escola de Oficial de Idiomas de Lugo organiza o Primeiro Concurso de Banda Deseñada, para o alumnado maior de 14 anos de todos os centros educativos de Sarria e dos concellos do arredor.

Esta iniciativa versa sobre a utilidade de ser quen de comunicarse nunha lingua universal como é o inglés.

Así, todos os mozos da comarca de Sarria poderán participar e desde a EOI animan ao profesorado de lingua estranxeira e de debuxo, bibliotecarios e outros educadores que animen aos seu alumnado.

Ademais, din que o seu ánimo é "traballar pola permanencia en Sarria dun recurso tan interesante para esta zona da provincia como é a Extensión da EOI, que posibilita a un amplo abano de poboación estudante, universitaria, profesional, traballadora e pasiva de todas as idades aprender inglés de xeito activo cun enfoque baseado nas destrezas comunicativas, mesmo partindo de cero", explican.

Para aclarar calquera dúbida, poden poderse en contacto a través do correo electrónico eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal.

0.17395997047424