O alumnado de Samos terá durante o resto do curso actividades deportivas nas extraescolares
SarriaXa
O alumnado de Samos terá durante o resto do curso actividades deportivas nas extraescolares grazas a diñeiro do Concello
![Actividades extraescolares Samos](https://sarriaxa.com/wp-content/uploads/2023/03/Actividades-extraescolares-Samos.jpg)
Actividades extraescolares Samos
9 Mar 2023
O alumnado do CEIP de Samos volve a poder desfrutar de actividades extraescolares organizadas pola Anpa do colexio e coa colaboración económica do Concello e dos Fondos da Deputación de Lugo.
Estas actividades extraescolares consistirán en tres deportes, fútbol, baloncesto e voleibol, e terán lugar os mércores de 16.30 a 17.30 horas e durarán todo o resto de curso.
Tanto os máis pequenos como os máis maiores poderán participar.