O alumnado do Ceip Frei Luís de Granada foi un dos colexios visitados polo proxecto 'Ningún Aro Sen Rede'
O alumnado do Ceip Frei Luís de Granada de Sarria recibiu a visita da UNED de Lugo e a Fundación Breogán co proxecto 'Ningún Aro Sen Rede', que xorde da idea de lograr as sinerxías necesarias para proveer a aqueles centros escolares que o demanden de redes de baloncesto artesanais, recicladas e sostibles.
Na actividade, que foi impartida polo Director da Fundación, Salvador Arco; a directora da UNED, Ana Traseira, e a bióloga Paula Fernández, explicaron aos estudantes de 6º de Primaria en que consiste o proxecto, dende o material do que están feito as redes de Ecoballution ata a importancia da reciclaxe do material escolar.
Despois da parte teórica, pasaron a parte lúdica da visita, onde profesorado e estudantes puideron participar en competicións de baloncesto para conseguir distintos agasallos proporcionados polo club e a universidade. Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer ao xogador do Club de Baloncesto Breogán, Martynas Sajus, e levar un autógrafo seu.