O alumnado do obradoiro dual de emprego reparou o peche no campo de fútbol do Carboeiro no Incio
O alumnado do obradoiro dual de emprego ‘Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón’ realizou os pasados días traballos de reparación dun cerrado no campo de fútbol do Carboeiro.
Este tipo de actividades mesturan a formación teórica coa práctica para que a formación do alumnado sexa completa. Desta forma os estudantes levan á vida real o aprendido na aula. Nesta ocasión, o alumnado encargouse de facer un peche no campo de fútbol do Carboeiro que se atopa na Cruz do Incio. Este é o campo de referencia do Incio Terra Brava Club.
OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO ‘BÓVEDA, O INCIO E A POBRA DO BROLLÓN’
O Concello promotor deste obradoiro é o de Bóveda, que asinou convenio coa Pobra do Brollón e O Incio, conforme ao previsto na Orde do 31 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, que regula os requisitos para a selección do alumnado-traballador dos obradoiros duais de emprego.
Os alumnos e alumnas estanse formando en dúas especialidades formativas: Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, que se realiza na Pobra do Brollón e, por outro lado, instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes, que se leva a cabo nos Concellos de Bóveda e O Incio.