O balonmán será o protagonista esta ponte na comarca de Sarria

SarriaXa
Los días 5 y 6 de diciembre se jugará en la Comarca de Sarria un torneo de balonmano que enfrentará a los equipos lucenses con Asturias.
balonman torneo seleccions territoriais sarria lancara
balonman torneo seleccions territoriais sarria lancara
3 Dec 2021

Os días 5 e 6 xogarase na Comarca de Sarria o Torneo de Balonmán de seleccións territoriais. Os partidos enfrontarán Galicia con Asturias.

Este ciclo de partidos de balonmán comezarán de maneira simultánea no Pavillón de Pobra de San Xulián e no Pavillón de Sarria o domingo 5 ás 17.30 horas. No Pavillón de San Xulián xogará o equipo cadete feminino, mentres que no de Sarria farao o infantil feminino. Posteriormente, no Pavillón de Sarria ás 18.45 horas xogará o equipo xuvenil masculino.

No segundo ciclo de partidos, o luns día 6 de decembro xogarán ás 17:30 horas no pavillón de Pobra de San Xulián o equipo infantil masculino e no de Sarria o cadete masculino. Posteriormente ás 19.00 horas será o equipo xuvenil feminino o que se enfrontará ao equipo asturiano no Pavillón de Sarria.

Este tipo de torneos motivan aos xogadores dos equipos fomentando un bo adestramento, unha vida saudable e o deporte base.

balonman torneo seleccions territoriais sarria lancara
0.16591191291809