O BNG de Sarria convida aos veciños e veciñas da vila a compartir unha comida polo Día das Letras Galegas

SarriaXa
O BNG de Sarria convida aos veciños e veciñas da vila a compartir unha comida polo Día das Letras Galegas para compartir ideas
BNG Sarria
16 May 2023

Este 17 de maio, Día das Letras Galegas, o partido nacionalista sarriao organiza unha comida diante da súa sede, situada a altura do número 17 da rúa do Toleiro, aberta a toda a veciñanza que queira achegarse.

A cita, que terá lugar ás 13.30 horas, servirá para intercambiar ideas entre os asistentes e os membros da candidatura do BNG para o 28 de maio, así como para desfrutar de comida, bebida e música.

Efrén Castro, candidato a Alcaldía de Sarria, explicou que "no tempo que levamos de precampaña e campaña estamos a percibir unha gran onda de simpatía, polo que queremos aproveitar este día festivo pra compartir coa veciñanza nun ambiente distendido o nos o proxecto para Sarria.” Así, o alcaldable anima a todo o mundo a que se achegue para "intercambiar impresións sobre o futuro da nosa vila”.

0.1456470489502