O BNG de Sarria convoca unha concentración diante do centro de saúde de Sarria para pedir melloras

SarriaXa
O BNG de Sarria convoca unha concentración este venres, 20 de outubro, fronte ao Centro de Saúde de Sarria para pedir que se garanta a atención primaria na vila despois de coñecer que na quenda de mañás só van a estar 3 médicos dos oito que forman parte do cadro de persoal.
Centro saúde Sarria
Centro saúde Sarria
19 oct 2023

O BNG de Sarria convoca unha concentración este venres, 20 de outubro, fronte ao Centro de Saúde de Sarria para pedir que se garanta a atención primaria na vila despois de coñecer que na quenda de mañás só van a estar 3 médicos dos oito que forman parte do cadro de persoal.

Esta situación prodúcese porque cinco dos profesionais sanitarios non están dispoñibles por traslados vacacións ou baixas laborais e a Xunta de Galicia non cobre esas baixas de persoal médico. "Nesta tesitura é imposible que o persoal sanitario podida atender a demanda de pacientes que ten o centro e estanse a producir cambios de citas ou consultas, que acabarán acudindo a urxencias, correndo o risco de saturar este servizo", explican os nacionalistas.

Así, explican que "Sarria non pode estar nesta situación, xa que pon en risco a saúde dos máis vulnerables e por iso rexistramos unha moción en defensa da atención primaria para demandar á Xunta de Galicia que cubra con urxencia as prazas do centro de Saúde".

Efrén Castro, voceiro municipal do BNG dixo que “levamos moito tempo denunciando o desmantelamento da atención primaria e a mala xestión que o PP está a levar no centro de saúde de Sarria, a risco de colapso da atención primaria, por iso defenderemos no pleno do Concello a adopción de medidas urxentes para reverter esta situación”.

Ademais, Efrén Castro animou “a todos os que poidan a acudir á concentración a defender a atención primaria e o dereito a unha sanidade pública e de calidade para o noso pobo” afirmou, "porque están a deixar ao persoal sanitario nunha situación inabarcable, dobran turnos e tratan de atendernos o máis axilmente posible, pero até esta situación están desbordados”, finalizou, asegurando que “os recortes do PP poñen en risco a nosa saúde, por iso é necesario que este venres nos concentremos para esixir un centro de saúde ao 100 %”.