O BNG denuncia ante o Parlamento a falta de facultativos no Páramo

SarriaXa
O BNG a través da deputada no Parlamento Galego, Carme Aira, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive no Páramo.
Foto Carme Aira Consultorio Páramo (1).JPG
Foto Carme Aira Consultorio Páramo (1).JPG
9 Dec 2023

O BNG a través da deputada no Parlamento Galego, Carme Aira, presentou unha serie de iniciativas para denunciar a situación sanitaria que se vive no Páramo.

A Sanidade Pública no Páramo é máis necesaria que nunca, debido ao avellentamento poboacional e a dificultade que supón para as persoas maiores o desprazamento autónomo, e a perda de calidade de vida que están a sufrir debido á falta de asistencia facultativa ordinaria en horario completo tal e como viñan tendo.

Carme Aira sinala que agora mesmo “a falta dunha facultativa está sendo cuberta algúns días en xornada parcial por profesionais variados que van en horarios distintos dependendo dos días, isto dificulta o traballo do persoal habitual do centro e fai que as usuarias e usuarios sexan sufridoras dunha perda de calidade asistencial, moi ao pesar do persoal do Centro de Saúde “

O cartel de persoal sanitario facultativo ten unha elevada media de idade no Concello do Páramo, “polo que en breve terán que enfrontar a falta de outra médica o cal pon severo risco a asistencia sanitaria en atención primaria neste concello” sinala Carme Aira, perdendo así de vista as características propias desta atención como a universalidade, a equidade e a accesibilidade, que son fundamentais para a mellora da esperanza e calidade de vida das persoas

A deputada afirmou que a Xunta de Galiza pretende “reducir a atención no centro nun proceso de desmantelamento da sanidade pública", e que a  veciñanza ten que “poder asistir ao seu médico todos os días".

0.16455483436584