O Buril acolle a actuación de Los Marcianos e de Xeva & RS esta fin de semana

SarriaXa
O Buril acolle a actuación de Los Marcianos e de Xeva & RS esta fin de semana
Buril sabado
Buril sabado
30 Maio 2023

Esta fin de semana O Buril de Sarria trae outros dous concertos de grupos de música galegos para ofrecer aos sarriaos música en directo de calidade e seguir atraendo talento e cultura á vila.

Así, o venres será o grupo vigués Los Marcianos quen presente 'Cápsula de evasión', un novo disco composto por cancións que mesturan pop con guitarras distorsionadas e estribillos parecidas a bandas como The Cure ou Jesus and Mary Chain. Este concerto, que terá lugar no local do Buril ACDE ás 23.30 horas, terá un custo de 5 euros.

Pola súa parte, o sábado actuará tamén no local do Buril ACDE, en Travesía Mueblenorte, o grupo Xeva & RS, de hip hop. O custo deste concerto será de 6 euros e abriranse as portas ás 22.30 horas.

0.082334041595459