O Buril de Sarria acolle este sábado un concerto de rock e metalcore con Cabodano e Mind Traveller

SarriaXa
A banda galega de metalcore e o grupo procedente de Cáceres compartirán escenario nunha noite de sons contundentes e melodías intensas
Buril-ACDE
23 Jan 2026

A sala do Buril de Sarria será escenario este sábado, 24 de xaneiro, dun concerto de rock e metalcore no que participarán Cabodano e Mind Traveller, dúas propostas que destacan pola súa forza sonora e a súa identidade musical. A cita está prevista para as 21.30 horas e promete unha noite intensa para as persoas afeccionadas aos sons máis duros.

Cabodano é unha banda de metalcore que utiliza o galego como idioma nas súas letras, apostando por unha proposta que combina contundencia musical e compromiso coa lingua propia. Pola súa parte, Mind Traveller, procedentes de Cáceres, chegan a Sarria cunha formación de seis integrantes e un son que mestura breakdowns demoledores, melodías elevadas e texturas cinematográficas, dando forma a unha proposta que busca transformar o caos en arte e dar voz ao inaudito.

Mind Traveller xa pasaron por algúns dos escenarios máis importantes da escena metal internacional, entre eles o Resurrection Fest, consolidándose como unha banda con proxección dentro do xénero. O concerto no Buril supón unha nova oportunidade para gozar en directo destas dúas formacións nunha noite dedicada ao metalcore e ao rock máis potente.

⚙ Configurar cookies
0.084245920181274