O Campionato de Tute do Incio foi todo un éxito de participación

SarriaXa
O Campionato de Tute do Incio foi todo un éxito de participación grazas á organización do Comité de Festas de Val do Mao
Campionato de Tute o Incio 2023
Campionato de Tute o Incio 2023
25 abr 2023

O Campionato de Tute organizado pola Comisión de Festas de Val do Mao do Incio foi todo un éxito despois de xuntar a decenas de participantes nun local privado dun veciño, xa que dado o aforo era imposible colocar a tanta xente no local social. Porén, os cuartos de final e seguintes que se celebraron o sábado tiveron lugar no local social do Val do Mao.

Ademais dos torneos que tiveron lugar tanto o venres como o sábado e nos que participaron 76 parellas, os participantes puideron desfrutar de comida e bebida, entre as que destaca o polbo.

Os gañadores foron, en primeiro lugar, a parella de Toño e Xebradoiro, Eirexalba; os segundos foron Edrada e Manolo, de Castro de Rei; os terceiros foron Genín e Alberto, de Samos; e os cuartos Dani e Diego de Val do Mao, no Incio.

Desde a Comisión de Festas Val do Mao agradecen a participación dos veciños, así como os que foron a acompañar, aínda que non xogaran: "Grazas por acompañarnos nestes dous días intensos cheos de esforzo, nervios e ilusión. Grazas polo cariño e a comprensión".

Por último anunciaron que os vindeiros 15 e 16 de maio terá lugar a festa grande de Val do Mao no Incio e animan a todos os veciños e persoas de fóra de Incio a achegarse e desfrutar destas xornadas.