A II Edición do Torneo Vila de Sarria de Veteranos terá lugar no campo de Rugby do Chanto

SarriaXa
O torneo, organizado polo Muralla Rugby Club e o Landrús R.C. coa axuda do Concello de Sarria, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Federación Galega de Rugby; acollerá seis equipos de veteranos
Torneo-Rugby-Veteráns-Sarria
24 sep 2024

O vindeiro sábado, 28 de setembro, ás 11.00 horas, o campo de Rugby do Chanto de Sarria acollerá a II Edición do Torneo Vila de Sarria de Veteranos, que contará con máis de 110 participantes desde os 35 ata os 75 anos de idade.

O torneo, organizado polo Muralla Rugby Club e o Landrús R.C. coa axuda do Concello de Sarria, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Federación Galega de Rugby; na súa segunda edición consegue aglutinar a seis equipos de veteranos para a celebración deste torneo.

Estes seis equipos son Leon, Asociacion Ourense, Beerbarians (A Coruña), Melgachos (Vigo), Pementos (con xogadores de toda Galicia) e Fundación de Veteranos Lugo (que engloba a veteranos de Muralla, Xabarín, Euita, Landrus (Sarria), Maseda (Muimenta) e Axterix (Viveiro)).

Más de 110 xogadores daranse cita nunha xornada na que á parte do campionato celebrásese o famoso terceiro tempo e unha comida de confraternización que se alongase durante toda a tarde, a sobremesa estará amenizada por dous grupos de música.

0.14927101135254