O Carballeira do Páramo abre as súas portas para incorporar novos xogadores e xogadoras

O Carballeira do Páramo busca novos xogadores e xogadoras para incorporarse aos seus equipos e anima a todas as persoas interesadas a achegarse ás súas xornadas de portas abertas, que se desenvolverán do 31 de agosto ao 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
A iniciativa está pensada tanto para quen xa ten experiencia no baloncesto como para aquelas persoas que nunca practicaron este deporte. O club convida a probar, aprender e compartir a experiencia en equipo sen ningún tipo de compromiso.
Desde o Carballeira do Páramo destacan que o obxectivo é que os novos participantes poidan coñecer o funcionamento do club e descubrir o baloncesto nun ambiente deportivo e de compañeirismo.
A entidade anima especialmente a probar a actividade porque, segundo sinala, "hai quen proba o baloncesto e despois xa non hai maneira de que o deixe".