O CB Sarria celebrou unha festa e cea para pechar "unha tempada impresionante"

SarriaXa
O CB Sarria celebrou unha festa e cea para pechar "unha tempada impresionante", segundo sosteñen desde a directiva
Cea fin de tempada CB Sarria 2023 1
Cea fin de tempada CB Sarria 2023 1
17 Xuño 2023

O CB Sarria puxo en valor todos os éxitos acadados durante esta tempada 2022-2023 e agradeceron a todas as persoas que os fixeron posible o seu traballo

O pasado sábado, o Club de Baloncesto CB Sarria celebrou a súa festa e cea de fin de tempada para “pechar unha temporada impresionante”, segundo sosteñen desde a directiva.

“O ano pasado tivemos unha tempada espectacular, e sabíamos que ía ser difícil igualar semellante éxito, pero a tempada 22-23 foi tamén impresionante”, sostiveron, facendo referencia aos éxitos acadados, como os dous Campionatos Provinciais, os dous Subcampionatos, dúas Copa Premium, un Campionato Galego, entre outros.

Así, rematan a tempada 2022-2023 con catro equipos en categoría Preminibasquet, dous femininos e dous masculinos: o María Teresa Martínez Dental, o Cemento Cosmos, o Corbar Maquinaria e o Fisioterapia Ivonne Castro, que ademais este último é o Campión Provincial.

Más éxitos

En alevín feminino, as rapazas de Autovalfer conseguiron a cuarta praza no Campionato Galego que tivo lugar na Estrada, e os alevíns de Oribio Construcción quedaron entre os mellores na súa andaina na Liga Galega.Por outra parte, entre os éxitos máis notorios, está a proclamación de Campioas Galegas das deportistas que forman parte do equipo Preinfantil feminino de Casa Barbadelo. “Estas rapazas son as raíñas do baloncesto galego”, sosteñen desde o CB Sarria.

Pola súa banda, o infantil masculino de Cemento Cosmos foi Subcampión Provincial e tamén campión da Copa Premium.

Na categoría cadete, o equipo feminino de Saneamientos Sarria conseguiu ser o equipo Campión Provincial e o equipo masculino de Oral Design gañou o Subcampionato Provincial e é Campión da Copa Premium.

Con respecto ao equipo feminino de Castro Agrasar, este estivo na Liga Galega, e os rapaces de MGR na interprovincial, equipo que no seu sénior masculino estivo a piques de acadar o ascenso a nacional en Santiago.

Por último, despois de cinco anos, volveu á cancha un equipo feminino na categoría sénior, as rapazas de Floristería Madeira.

Agradecementos

Desde a directiva do CB Sarria quixeron agradecer o traballo dos deportistas, xogadores e xogadoras, así como ao cadro técnico, dende monitores a adestradores, “a Mencía, Sara, Xabelo, Claudia, Uxi, Lúa, Cabana, Paula,Clara, Florián, Unax, Michy, Marcos, Alfonso, Pernas, Adrián e Maísa”, mencionaron. A esta última Maísa, quixeron agradecerlle o seu “fabuloso traballo durante estes anos” e tamén desexarlle “toda a sorte na súa nova andaina”.

“Tamén a todas as empresas que colaboran con nos, patrocinadores, colaboradores, institucións, aos socios e ás familias por facilitarnos a nosa labor”, explicaron.

E por último, quixeron facer unha mención especial á Escola Deportiva, que “é un motor fundamental para o Club e está formado por as nenas e nenos dos colexios Frei Luis de Granada, Instituto Xograr Afonso Gómez, Escola Xela Arias, Instituto Gregorio Fernández, Colexio da Asunción, Colexio da Merced, Colexio Ricardo Gasset do Incio e Colexio Antonio Fernández de Oural”, sentenciaron.

0.20173501968384