O CEIP de Samos organiza unha charla de corresponsabilidade dirixida ás familias

A ANPA do CEIP de Samos organiza o vindeiro mércores 25 de novembro unha charla e formación sobre corresponsabilidade na vida familiar, dirixida ás familias. A iniciativa busca crear un espazo de reflexión e intercambio de ideas no que compartir ferramentas e estratexias para conseguir unha distribución máis equilibrada das tarefas do fogar e dos coidados.
A actividade comezará ás 16:30 horas e poderá seguirse tanto nas instalacións do centro educativo como en liña. O obxectivo é fomentar a igualdade e facilitar a conciliación familiar, promovendo a implicación de todos os membros da unidade familiar nas responsabilidades cotiás.
A proposta está cofinanciada polo Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade do Goberno de España, coa colaboración da Xunta de Galicia.