O CEIP Ricardo Gasset do Incio ofrece aos rapaces do concello actividades de innovación

SarriaXa
El CEIP Ricardo Gasset de O Incio sigue ofreciendo a los niños del ayuntamiento actividades de innovación con un taller de robótica.
curso robotica incio3
curso robotica incio3
8 dic 2021

O CEIP Ricardo Gasset do Incio segue a ofrecer aos rapaces do concello actividades de innovación e actualidade.

Nesta ocasión foron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria os que participaron nun obradoiro de robótica impartido polo EDLG de Lugo.

Nesta sesión, os escolares construíron un pequeno robot moi sinxelo que despois puideron levar para as súas casas.

Este tipo de actividades son necesarias xa que se estima que case a metade dos postos de traballo actuais desaparezan nun futuro e que todos os traballadores teñan competencias en novas tecnoloxías. Por iso é importante a preparación dos mozos e das mozas.

O obradoiro foi de contido altamente interactivo e tiña como obxectivo fomentar o interese pola tecnoloxía e realizar unha introdución á robotica. Estes obradoiros permiten a involucración activa e a demanda dos coñecementos necesarios para levalos a cabo. Mentres que os nenos xogan aprenden conceptos de física, matemáticas, mecánica, programación ou algoritmia.