O cemiterio municipal de Sarria está sendo obxecto de melloras por parte do taller de emprego Camiño de Santiago IV

SarriaXa
O alumnado do obradoiro de emprego Camiño de Santiago IV de Sarria, composto por 20 persoas traballadoras, dous monitores, unha administrativa e o propio director, Mayo López; está a desenvolver labores na capital sarriá.
taller emprego Camiño de Santiago Sarria
19 Xan 2024

O alumnado do obradoiro de emprego Camiño de Santiago IV de Sarria, composto por 20 persoas traballadoras, dous monitores, unha administrativa e o propio director, Mayo López; está a desenvolver labores na capital sarriá.

Así, están a mellorar o vello cemiterio municipal a través do acondicionamento do camiño central cun empedrado de lousa dende a entrada ata a antiga sala de autopsias; que se atopa na ruta xacobea, onde tamén farán obras seguindo co traballo feito no taller de emprego anterior.

Así, no chan colocarase pezas de granito e a cuberta será renovada con lousa e madeira que está sendo preparada polo módulo de traballadores de carpintería, que tamén arranxarán a porta principal de acceso á Casa do Concello e a carpintería exterior da antiga prisión comarcal, no Camiño Francés.

Por outra parte, a entrada ao cemiterio tamén será mellorada a través da construción dunha praza con empedrado de lousa co fin de evitar que estacionen vehículos e tamén embelecer a zona.

0.13371396064758