O Centro de Interpretación do Ferro de Triacastela poderá visitarse para mostrar a historia do edificio

SarriaXa
A Ferrería da Ponte de Triacastela, restaurada e rehabilitada por Miguel García, que se converteu no Centro de Interpretación do Ferro da Montaña poderá ser visitado polas persoas interesadas.
ferreria Triacastela centro de interpretacion do ferro
5 Dec 2023

A Ferrería da Ponte de Triacastela, restaurada e rehabilitada por Miguel García, que se converteu no Centro de Interpretación do Ferro da Montaña poderá ser visitado polas persoas interesadas.

Despois de facer a presentación do lugar, ao que acudiron veciños e parte do Goberno local, encabezado pola alcaldesa Olga Iglesias, di que “aínda falta por facer obra e ampliar máis o espazo, así como conectar a luz eléctrica, o que nos vai levar un tempiño”, pero sostén que “se alguén quere ver o que hai si que se lle pode ensinar”.

Miguel, natural do Incio, explica que restaurou este edificio porque, ao ser camioneiro, pasaba moito por diante e pensaba en “como un lugar tan bonito estaba así, en ruínas”; polo que cando viu un cartel de venda, non o pensou dúas veces e comprouno.

“Paréceme importante mostrar a historia deste edificio tantos aos veciños e veciñas de Triacastela, como aos visitantes e aos peregrinos que pasan polo municipio, xa que é un edificio histórico que pode trasladar á xente ao século XVII”, sostén.

Centro de Interpretación do Ferro

Miguel García explica que no edificio había unha antiga forxa, unha ferrería á “que quería volver a darlle vida e poñer en valor o que era o traballo dos ferreiros, que ás veces non se aprecia”, explica.

Ademais, fixo unha recolección de obxectos antigos de ferro que facían os ferreiros e que están na ferrería “por se a xente quere saber o que era a forxa”, incide.

A intención, comenta, é que se poidan facer visitas no futuro, xa que “queremos explicar o proceso desde que sae o mineral da mina ata que se chega a converterse un obxecto”.

As persoas interesadas en vir, poderán ver que hai uns paneis, subvencionados polo Concello de Triacastela, onde se pode ver todo o proceso de extracción das minas, o transporte e o proceso de elaboración dos obxectos.

0.15084004402161