O centro sociocultural acolle unha reunión informativa sobre o polígono agroforestal do Loio

SarriaXa
O Goberno local de Paradela convoca a propietarios e interesados no polígono a participar desta reunión, que terá lugar o vindeiro 10 de xullo
centro-sociocultural-Paradela
centro-sociocultural-Paradela
4 Xul 2024

Desde o Concello de Paradela convocan a todas as persoas propietarias e demais interesadas no polígono agroforestal de Loio a unha xuntanza informativa sobre o incio dos traballos.

Esta reunión informativa terá lugar o vindeiro 10 de xullo a partir das 11.00 horas no centro cultural de Paradela.

O polígono agroforestal foi declarado de utilidade e interese social pola Xunta de Galicia en febreiro deste ano, polo que agora falarase de que facer con esas 23,23 hectáreas de terreo distribuídas en 104 parcelas.

0.16662406921387