O Chanto amplía as súas zonas de lecer con novos terreos

SarriaXa
O Concello gaña preto de 1.000 metros cadrados tras a adquisición de parcelas e avanza no proxecto dun futuro parque acuático
parque-infantil-do-Chanto-Sarria
3 May 2026

O Concello de Sarria vén de ampliar de maneira significativa as zonas verdes das piscinas exteriores do Chanto, que contan agora con preto de 1.000 metros cadrados adicionais destinados ao lecer e descanso das persoas usuarias.

Esta actuación foi posible grazas á compra, a finais de 2024, de dúas parcelas anexas ás instalacións. A principal, cunha superficie de 4.448 metros cadrados e saída pola rúa Celso Emilio Ferreiro, completa o espazo da piscina, mentres que a segunda, de 786 metros cadrados, sitúase na contorna do río Sarria. O investimento total ascendeu a 130.000 euros.

Os traballos realizados centraronse na adecuación do terreo, incluíndo labores de nivelación, a plantación de céspede, a instalación dun sistema de rega e a colocación dun novo peche perimetral, co obxectivo de mellorar a funcionalidade e a estética do recinto.

Esta intervención enmárcase nun plan máis amplo co que o goberno local pretende transformar a zona nun espazo de referencia para o ocio estival. Entre as iniciativas previstas figura a construción dun parque acuático, un proxecto aínda en fase de definición.

Xa no mes de agosto de 2025, o alcalde, Claudio Garrido, e o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, subliñaban que “a orografía desta parcela presta condicións idóneas para levantar un bo parque acuático”, destacando ademais a intención de crear instalacións modernas e dinámicas pensadas para o disfrute de todas as idades.

0.11597394943237