O club O Incio C.F. convoca a socios, simpatizantes e veciños do municipio a participar dunha reunión

SarriaXa
club O Incio C.F. convoca a socios, simpatizantes e veciños do municipio a participar dunha reunión
Aficion Incio CF
Aficion Incio CF
19 may 2023

A xunta directiva do equipo Incio Terra Brava C.F. convocan a todos os socios do club, así como simpatizantes, veciños e persoas interesadas a unha reunión o vindeiro sábado, 20 de maio, no bar O Sarabia da Cruz do Incio.

Durante esta reunión, abordarase a renovación da xunta directiva, polo que cren importante que participe o maior número de xente posible. Ademais, haberán pinchos e compartirase un momento ameno.

As persoas interesadas poderán achegarse a presentar as súas propostas e opinións a partir das 20.00 horas, momento no que se establecerán as bases para o equipo de cara á tempada próxima.