O Club Rítmica Atalaia de Sarria organiza o seu terceiro Campus de Nadal do 20 ao 23 de decembro

O Club Rítmica Atalaia de Sarria celebrará do 20 ao 23 de decembro a terceira edición do seu Campus de Nadal, unha proposta que ofrecerá varias xornadas dedicadas á ximnasia rítmica durante as vacacións. A actividade terá lugar no pavillón Novo do Chanto e contará cunha masterclass especial o primeiro día.
Esta sesión estará impartida por Leti Batista e Yacke Batista, dúas profesionais vinculadas ao Club Batistana de Tenerife. Leti Batista é compoñente e actual capitá do conxunto de Primeira Categoría desta entidade, campioa de España en múltiples ocasións. Pola súa banda, Yacke Batista, adestradora do club, conta cunha ampla traxectoria deportiva e experiencia na formación de ximnastas e conxuntos que acadaron numerosos títulos nacionais.
As inscricións permanecerán abertas desde o 10 de novembro ata o 10 de decembro e deberán realizarse a través da páxina web www.clubritmicaatalaia.es.