O colexio do Incio organiza unhas xornadas de portas abertas os 8 e 9 de marzo

SarriaXa
O colexio do Incio organiza unhas xornadas de portas abertas os 8 e 9 de marzo para que os pais e nais poidan coñecelo
ceip ricardo gasset o incio
ceip ricardo gasset o incio
6 mar 2023

O CEIP Ricardo Gasset do Incio celebra dúas xornadas de portas abertas para as familias que queiran achegarse, unha o mércores, o 8 de marzo, de 15.30 a 17.30 horas, e outra o xoves 9 de marzo, de 11.00 a 12.00 horas.

Así, os pais e nais interesados en coñecer o colexio e as súas características poderán facelo. Entre elas, ofrecen comedor con cociña propia, froita na merenda, transporte escolar e servizo de madrugadores.

Esta escola rural conta cunha ratio baixa e aulas mixtas con atención personalizada e á diversidade nunha contorna natural na que contan cunha horta escolar.

En canto ás instalacións, contan con biblioteca e aulas dixitais coas que poder participar de proxectos e actividades que promoven os hábitos saudables, respecto á natureza e o compañeirismo.

Desde o Colexio informan que ata o 20 de marzo está aberto o prazo para reservar praza e para facelo pódese contactar co CEIP a través do número 982 870 605.