O comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria-ACES organiza o Black Friday
O comercio do Centro Comercial Urbano de Sarria-ACES organiza o Black Friday, na búsqueda de promocionar ás vendas dos artigos de tempada, incentivando ao consumidor a adiantar as compras de Nadal.
Un total de 26 establecementos participarán nesta oitava edición, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, agasallo, calzado, decoración, iluminación, etc. Os establecementos son: Atmosfera Sport, Barja Shoes, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Carpe Diem, Colorin Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Isabel Moda, Lar de Menchu, Latas pinturas y hogar, Los Sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport, Moncho Moda, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Senayo, Trece Tablas Store, Ultreia, Veiga Calzados, Vilamey Complementos e Zaida moda infantil.
Serán dous días, este venres e sábado, nos que os 26 establecementos abrirán no seu horario habitual e ofertarán os seus productos ata un 20 % de desconto.
Os establecementos contarán co cartel promocional desta campaña, unha decoración especial a cal permitirá que os clientes identifiquen con claridade os participantes no Venres Negro do Centro Comercial Urbano de Sarria.