O Concello de Láncara asina un convenio de colaboración coas asociacións da vila

SarriaXa
El ayuntamiento de Láncara firma un convenio de colaboración con la Asociación Val de Láncara, Asociación O Noso Lar y Puebla Futsal.
convenio lancara asociacions2
convenio lancara asociacions2
20 mar 2022

O Concello de Láncara amosa o seu compromiso co tecido asociativo. O alcalde Darío Piñeiro asinou convenios ca Asociación Cultural Val de Láncara, con Puebla Futsal e ca Asociación o Noso Lar co obxectivo de poñer en marcha distintas iniciativas que beneficiarán ó conxunto da veciñanza.

Este convenio suporá que as asociacións e grupos que promoven a vida cultural, deportiva e de ocio na vila conten con maiores recursos.

A Asociación Val de Láncara, naceu no ano 1992, co ánimo de dinamizar a vida social e cultural do municipio. O éxito de eventos como a malla ou a entrega de premios ‘Facer país’ deron forza a este colectivo que, en plena pandemia, apostaba por renovar, por vez primeira, a súa directiva. Un grupo de mozos tomou o pasado ano a substitución coa idea de manter o legado dos seus antecesores. Ilusión e novos proxectos non lles faltan.

Por outra banda, o equipo de fútbol sala Puebla futsal de Pobra de San Xiao que conta cun curto percorrido e gran apoio no municipio está a acadar grandes resultados sociais e deportivos na vila. Mentres que a Asociación o Noso Lar acolle ás mulleres rurais da zona con actividades que promoven o ocio de Láncara.