O Concello de Láncara inicia o proceso para crear unha bolsa de emprego temporal

SarriaXa
O obxectivo é cubrir as posibles vacantes de tractorista e peón de servizos. As solicitudes poden presentarse nos vindeiros 10 días naturais
casa concello láncara
11 Mar 2021

O Concello de Láncara ten en marcha o procedemento para a creación dunha bolsa de emprego temporal para os postos de tractorista e peón de servizos.

As persoas interesadas en optar a estas prazas, mediante o sistema de concurso-oposición, poden presentar as súas solicitudes no rexistro electrónico xeral do Concello de Láncara no prazo de dez días naturais contados a partir de hoxe, xoves día 11.

O carácter dos contratos é temporal e en réxime de dedicación a tempo completo. Como requisito imprescindible esíxese aos aspirantes ter o Celga 1 ou equivalente, en caso contrario para poder acceder ao proceso de selección será preciso superar unha proba de lingua galega.

As bases íntegras da convocatoria para a creación desta bolsa de emprego poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Láncara e na súa sede electrónica.

Todas as persoas que superen o proceso de selección serán incluídas nunha bolsa de emprego para futuras contratacións que resulten precisas a fin de cubrir vacantes ou necesidades temporais, e serán chamadas seguindo a orde establecida na listaxe correspondente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15960311889648