O Concello de Láncara levará a cabo diversas obras no municipio

SarriaXa
O Concello de Láncara levará a cabo diversas obras no municipio, como a mellora de viais e de prazas e do campo da feira
Campo da Feira Láncara
13 Mar 2023

O goberno local de Láncara aprobou sacar a licitación obras en viais por importe de algo máis de 253.000 euros.

Na Pobra de San Xiao actuará en vías do barrio da Poidiña e do campo da feira, cun orzamento de 60.000 euros.

A actuación consistirá na execución dunha capa de rodadura en aglomerado en quente, o pintado da sinalización horizontal e a instalación de elementos de seguridade viaria.

Por outra banda, o Concello investirá 95.217 euros na mellora do firme de cinco pistas na parroquia de Bande. Para estes traballos a Administración provincial achegará 81.817 euros e o Concello a contía restante.

Tamén foron licitadas obras nas estradas da parroquia de A Lama, por 46.997 euros.

Por último, o Concello sacou a contratación por 50.910 euros a mellora de camiños entre Toubille e Lama de Souto.

Axuda no fogar

O Concello licitou así todas as obras contempladas no plan único deste ano, no que tamén hai unha partida para o servizo de axuda no fogar.

Prevense 20.864 euros, dos que a Deputación de Lugo financiará 10.000, o Concello 8.238 e os usuarios o resto.

As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas para executar estas actuacións ata o día 22.

0.15440106391907