O Concello de Láncara organiza un Mundialito de Fútbol Sala para o mes de xullo

SarriaXa
As persoas interesadas en participar desta actividade deportiva poderán apuntarse ata o vindeiro 28 de xuño
mundialito-fútbbol-sala-lancara
mundialito-fútbbol-sala-lancara
19 Xuño 2024

O Concello de Láncara promove, co obxectivo de seguir promovendo a conciliación familiar e ofrecer alternativas de calidade para a mocidade durante o verán, o Mundialito de Fútbol Sala.

Desta maneira, amplía a oferta de actividades estivais para rapaces de 8 a 17 anos cunha actividade deportiva que se desenvolverá do 1 ao 19 de xullo no pavillón polideportivo municipal.

O horario será de 10.30 a 13.30 horas de luns a venres e as persoas interesadas terán ata este 28 de xuño para apuntarse na Biblioteca Municipal ou na sede electrónica do Concello de Láncara, abonando un custo de 15 euros por persoa.

0.16524791717529