O Concello de Paradela, coa axuda da Deputación de Lugo, mellorou os accesos a Bacorelle

SarriaXa
O lugar, situado na parroquia de Castro de Rei, foi escenario dunhas obras para mellorar o pavimento e, polo tanto, os accesos ás diferentes vivendas
melloras-Bacorelle-Paradela
26 sep 2024

Veñen de rematar as obras de pavimentación dos accesos ao lugar de Bacorelle, situado na parroquia de Castro de Rei do Concello de Paradela.

Esta obra está cofinanciada con remanentes do Plan Único 2023 da Deputación de Lugo e os traballos que se levaron a cabo tiveron un custo total de 35.598,59 euros.

Concretamente, a Deputación de Lugo aportou 15.835,27 euros e o resto, 19.763,32 euros, foi financiado pola entidade local, que explica que seguirán traballando “para ofrecer mellores servizos a veciñanza”.

0.081502914428711