O Concello de Paradela entrega a primeira cesta de benvida do 2025 a Mateo, neno empadroado en Andrade

O Concello de Paradela realizou a entrega da primeira cesta de benvida correspondente á última solicitude por nacemento tramitada no ano 2025. O protagonista deste lote de produtos de primeira necesidade é Mateo, recentemente nado no municipio e empadroado en Andrade.
A alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, foi a encargada de entregar o lote a Miriam López e Diego López, pais do bebé, destacando que esta acción forma parte das medidas establecidas pola Ordenanza aprobada en decembro de 2023. Segundo esta normativa, cada nacemento ou adopción dá dereito á concesión dun lote de produtos valorado en 200 euros e dunha axuda económica directa de 1.000 euros, que se abona en dous prazos: o 75% ao solicitarse e o 25% restante cando se acredita a residencia efectiva durante un ano desde o nacemento.
O obxectivo desta iniciativa municipal é fomentar a natalidade e a adopción, contribuíndo á fixación de poboación no termo municipal de Paradela, ao tempo que se apoia ás familias nos primeiros meses de vida do bebé.