O Concello de Paradela selecciona a tres peóns de obras públicas
O Concello de Paradela ten en marcha o proceso de selección para a contratación temporal de tres peóns de obras públicas. A selección farase polo sistema de concurso-oposición e os contratos terán unha duración de seis meses, rematando en todo caso o 30 de setembro.
Os peóns de obras contratados encargaranse de levar a cabo accións de conservación e mantemento de recursos naturais, de espazos públicos e urbanos, así como de edificios, instalacións e vías municipais.
As persoas interesadas en optar a estas prazas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro día 19. As bases do procedemento poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na súa páxina web. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a alcaldía ditará resolución no prazo máximo dun mes.
A contratación dos tres traballadores realizarase con cargo ao programa de fomento de emprego de conformidade co plan único da Deputación correspondente ao ano 2020.