O Concello de Paradela vén de rematar as obras de rexeneración do pavimento do núcleo de Aldosende

SarriaXa
En total, as obras custaron 50.536,86 euros, cos que, din desde o Concello, "se mellora a vida dos veciños, ofrecendo os mellores servizos"
pavimento-mellorado-Aldosende-en-Paradela
26 Nov 2024

O Concello de Paradela vén de rematar as obras de rexeneración do pavimento do núcleo de Aldosende da parroquia de Santiago de Aldosende.

Desta maneira, e a través de fondos completamente financiados polo propio Concello de Paradela, renovouse o pavimento das rúas que pasan polo núcleo, onde hai casas e habitan veciños e veciñas do municipio.

En total, as obras custaron 50.536,86 euros, cos que, din desde o Concello, "se mellora a vida dos veciños, ofrecendo os mellores servizos".

0.14378213882446