O Concello de Sarria abre o prazo para ampliar a bolsa de auxiliares xerocultores/as

SarriaXa
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 11 de maio para optar a futuras contratacións no servizo público
residencia-de-maiores-Sarria
9 May 2026

O Concello de Sarria anunciou a apertura do proceso para a ampliación da bolsa de auxiliares xerocultores/as mediante o sistema de concurso, unha iniciativa destinada a reforzar os servizos públicos de atención e coidado ás persoas maiores. O prazo para presentar instancias permanecerá aberto ata o 11 de maio.

O perfil profesional do auxiliar xerocultor/a está centrado na atención persoal e asistencial ás persoas residentes, especialmente aquelas que presentan dificultades para realizar por si mesmas as actividades da vida diaria. Entre as funcións principais figuran a asistencia nas tarefas cotiás, a axuda durante as comidas, a realización de cambios posturais e outros servizos auxiliares adaptados á súa preparación técnica.

Ademais, estas persoas profesionais tamén deberán comunicar incidencias relacionadas coa saúde dos usuarios, acompañalos en paseos, saídas ou actividades de ocio e colaborar co resto do equipo profesional para favorecer a autonomía persoal e a integración social dos residentes.

O posto require igualmente manter o sixilo profesional sobre a situación persoal e sanitaria das persoas usuarias, así como actuar sempre baixo a coordinación e responsabilidade do persoal especializado do centro.

0.11046004295349