O Concello de Sarria anuncia a convocatoria dunha praza de administrativo
O Concello de Sarria anuncia a convocatoria dunha praza de técnico medio de xestión de administración xeral, por promoción interna.
A convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) número 229, de data 4 de outubro de 2021, incluída na oferta de emprego do ano 2021, e para prover mediante promoción interna por concurso oposición.
As bases están recollidas no seguinte Boletín Oficial da Provincia, 04/10/2021 http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/04-10-2021.pdf#page=11 .
Así mesmo, publicouse un extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia número 212, de data 4 de novembro de 2021.
O prazo para a presentación das solicitudes é de 20 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es