O Concello de Sarria está acometendo melloras de asfaltado nalgúns puntos da vila

SarriaXa
O Concello de Sarria está acometendo melloras de asfaltado nalgúns puntos da vila, como na contorna do CDS Sarria
Obras CDS Sarria
Obras CDS Sarria
17 feb 2023

O Concello de Sarria mandou executar os traballos de asfaltado da contorna do CDSSarria, financiados con recursos propios.

Estas tarefas continúan na explanada do Chanto e seguirán posteriormente na rúa das Ameneirizas.

O concelleiro de Mobilidade e Ordenación do Tráfico, Félix Seijas, solicita comprensión á veciñanza ante as molestias puntuais que poidan ocasionar ditos traballos.