O Concello de Sarria organiza da man de Guido Guía un ciclo de paseos gratuítos para coñecer a vila

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria organiza de la mano de Guido Guía una serie de visitas y paseos gratuitos para conocer el pueblo.
visitas guiadas sarria
visitas guiadas sarria
22 Abr 2022

O Concello de Sarria organiza da man de Guido Guía un ciclo de visitas e paseos gratuítos para coñecer os lugares máis emblemáticos da vila.

A actividade #DescubrindoSarria desenvolverá paseos guiados dende o 5 de xuño ata o 4 de setembro. Terán lugar en datas previamente publicadas para poder ofrecer maior dispoñibilidade aos veciños que estean interesados en realizar as rutas.

Desta forma serán o domingo 5 de xuño, domingo 3 de xullo, domingo 7 de agosto e domingo 4 de setembro. En horario de 11.00 a 13.00 horas.

O coñecido guía oficial de turismo de Galicia, está especializado na provincia de Lugo e encargarase de ofrecer unha nova ollada do Concello a todos aqueles interesados que se anoten a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com

Esta iniciativa pon a disposición dos veciños, turistas e interesados unha nova forma de coñecer o seu lugar de orixe ou afincamento.

0.16750502586365