O Concello de Sarria programa dous espectáculos de narración e monicreques

SarriaXa
As propostas, incluídas no programa Ler conta moito, celebraranse os venres 9 e 16 de outubro na Casa da Cultura Biblioteca Camilo Gonsar
novos_lobos
4 Oct 2026

A Casa da Cultura Biblioteca Camilo Gonsar de Sarria acollerá dúas propostas culturais incluídas no programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia.

As actividades serán os venres 9 e 16 de outubro, ambas ás 17:30 horas, e estarán dirixidas especialmente ao público familiar.
A primeira cita será o venres 9 de outubro con 'Novos lobos', un espectáculo de narración oral e monicreques de Fantoches Baj que aborda a igualdade de xénero desde a perspectiva das novas masculinidades.

A proposta parte da revisión de diferentes contos da literatura popular para adaptalos a unha mirada contemporánea sobre os roles de xénero. O espectáculo busca achegar ao alumnado ferramentas que contribúan á prevención da violencia de xénero.
A segunda actividade terá lugar o venres 16 de outubro, ás 17:30 horas e no mesmo espazocun espectáculo familiar da compañía Teatro Ghazafelhos.

0.15175890922546