O Concello de Sarria renova o pavimento dos sete quilómetros da estrada de Oural a Vilamaior

SarriaXa
O Concello de Sarria renova o pavimento dos sete quilómetros da estrada de Oural a Vilamaior e o alcalde foi visitar as obras
Obras Sarria
23 Feb 2023

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, visitou o comezo dos traballos de renovación do pavimento nun treito de sete quilómetros da estrada municipal de Oural a Vilamaior.

Esta actuación, adxudicada o pasado mes de outubro á empresa Probisa Vías y Obras, supón un investimento de 281.000 euros. Acometerase nun prazo aproximado dunha semana, sempre e cando as condicións meteorolóxicas non dificulten a execución dos traballos.

O proxecto inclúe tanto a limpeza e apertura de cunetas ao longo dos sete quilómetros, como a dotación dun novo pavimento (27.600 metros cadrados de aglomerado en quente) e o pintado da sinalización horizontal.

Con estes traballos complétanse os asfaltados realizados a finais da semana pasada na contorna do Centro Deportivo Saúde Sarria, na explanada do Chanto e na rúa das Ameneirizas.

0.34848999977112