O Concello do Incio convoca reunións informativas sobre o PXOM

SarriaXa
O Concello do Incio convoca reunións informativas sobre o PXOM para que se informen os veciños do novo proxecto
Concello_do_Incio
Concello_do_Incio
10 Mar 2023

O Concello do Incio organiza reunións informativas cos veciños e veciñas sobre o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal para as persoas interesadas en coñecer todos os detalles.

Estas reunións terán lugar os días 22 de marzo na Cruz do Incio, no local multiusos do Concello; o 29 de marzo no local social do Val do Mao e o 5 de abril no local social de Vilademouros.

O horario das xornadas, que contarán coa presenza do técnico municipal, será de 12.00 a 14.00 horas e durante este tempo os veciños e veciñas poderán trasladar todas as dúbidas e consultas que teñan en relación co novo proxecto.

0.13166809082031