O Concello do Incio selecciona un peón de servizos múltiples

SarriaXa
El Ayuntamiento do Incio abre la convocatoria para la contratación de un peón de servicios múltiples mediante concurso-oposición.
poda incio
11 Feb 2022

O Concello do Incio ten aberto o proceso de selección para a contratación de un peón de servizos múltiples como persoal laboral temporal ao abeiro do Programa Fomento do Emprego de conformidade co Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021. Os contratos serán de xornada completa e terán unha duración de seis meses.

As bases desta convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello do Incio e na súa páxina web oficial, ademais de no BOP do día 9 de febreiro. O sistema de selección dos aspirantes será o de concurso-oposición.

O posto referido está adscrito ao servizo de mantemento de instalacións municipais, e as función que ten encomendadas son a reparación na rede de abastecemento domiciliario de auga, sumidoiros, alumeados públicos, recollida de lixo, mantemento en edificios municipais, mantemento de áreas recreativas e zonas verdes, limpeza viaria, rozas etc.

Para participar no proceso selectivo, os aspirantes deberán ter cumpridos os 16 anos e posuír o permiso de conducir tipo B e o CELGA 1. Ademais, deberán estar desempregados ou en situación de mellora de emprego con independencia de que a xornada laboral sexa parcial ou completa.

A fase de oposición consistirá na realización dunha proba práctica. A segunda, no concurso e na valoración de situacións que dificultan o acceso ao mercado laboral, unicamente entre os candidatos que superasen a fase de oposición.

As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o vindeiro martes 15. O sistema de selección será o concurso-oposición.

0.072757959365845