O Concello do Páramo facilita as consultas do Plan básico municipal

SarriaXa
Non te quedes atrás en canto á información. Entérate de todas as noticias que afectan ao teu concello e provincia
o páramo
o páramo
25 ene 2021

Os veciños e veciñas do Páramo, por parroquias, poderán consultar o Plan básico municipal do seu concello, xunto a persoal municipal e membros do equipo redactor do documento de Xunta de Galicia, nas reunións que o Goberno local promoverá en datas vindeiras, dentro do prazo de exposición pública do proxecto.

As reunións serán na planta baixa da Casa Consistorial, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e nas seguintes datas:

  • 1 de febreiro. Parroquia de Saa
  • 3 de febreiro. Parroquia de Vilarmosteiro
  • 5 de febreiro. Parroquias de Neira e Vilasante
  • 8 de febreiro. Parroquia de Santandrea, Samamede e Reascos
  • 10 de febreiro. Parroquia de Piñeiro.
  • 12 de febreiro. Parroquia de San Martiño de Torre.
  • 17 de febreiro. Parroquia de Montaña de Friolfe.
  • 19 de febreiro. Parroquia de Friolfe.
  • 22 de febreiro. Parroquia de Adai.
  • 24 de febreiro. Parroquia de Vilaeiriz e Gondrame.
  • 26 de febreiro. Parroquia de San Vicente.
  • 1 de marzo. Parroquia de Ribas de Miño.
  • 3 de marzo. Parroquia de Grallás.
  • 5 de marzo. Parroquia de Villafiz.
  • 8 de marzo. Parroquia de Moscán.
  • 10 de marzo. Parroquia de Paredes.

Independentemente destes encontros organizados polo Concello do Páramo, as persoas interesadas poden examinar o documento en horario de oficina, con cita previa, e presentar alegacións nas dependencias do Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Lugo ou no propio Concello do Páramo. Así mesmo, tamén poderá consultarse o documento na web da Consellería e achegarse por vía telemática as referidas achegas a través do correo sxurb@xunta.gal.

O prazo de información pública do Plan básico do Páramo é de 2 meses dende a publicación do seu anuncio no DOG, que tivo lugar o día 11 do presente mes de xaneiro.

Concello pioneiro

O Páramo é o primeiro concello galego que contará con esta ferramenta de ordenación, que contempla a Lei do Solo. A él sumaranse outros oito municipios: Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada e Triacastela, tamén na provincia de Lugo, e Cartelle, Pradenda, Porqueira e San Xoán de Río, na de Ourense.

O Plan básico municipal é unha ferramenta impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para municipios de 5.000 habitantes que carecen de plan xeral. Deste xeito, estes concellos disporán dunha ordenación básica para o desenvolvemento elemental, que estará en vigor ata que a situación particular aconselle a redacción dun plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Galicia asumiu directamente a redacción do primeiro plan básico municipal, o do Páramo, e colabora técnica e economicamente co dos outros oito municipios que o están a tramitar.