O concerto benéfico 'Pangea' acollerá a actuación de Abraham Cupeiro e outros 40 músicos

SarriaXa
A Banda de Música da Comarca de Sarria traerá como director do concerto a CarlosTimiraos
Pangea-Meigas-e-Trasgos-Abraham-Cupeiro
Pangea-Meigas-e-Trasgos-Abraham-Cupeiro
22 Maio 2024

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos, conxuntamente coa Asociación Cultural Banda de Música da Comarca de Sarria, organizan un concerto sen ánimo de lucro no que participará o sarriao Abraham Cupeiro.

A iniciativa, baixo o nome de ‘Pangea’, desenvolverase o vindeiro 8 de xuño ás 21.00 horas e servirá para recadar diñeiro para reparar o teito da sede da Asociación Meigas e Trasgos e para a Banda de Música da Comarca de Sarria.

A igrexa do Rosario é o lugar elixido para que Abraham Cupeiro deleite aos interesados que queiran participar no evento, que terá un custo de 15 euros e a cabida no espazo sagrado será de 370 persoas.

Ademais de Cupeiro, tocarán nesta evento 40 músicos da Banda de Música da Comarca de Sarria dirixidos polo director Carlos Timiraos como convidado, polo que esperan ofrecer un gran concerto.

Abraham Cupeiro colabora con estas dúas asociacións como unha forma de compromiso cara a asociación onde comezou a súa andaina na música e na de recente formación e que necesita un pulo para seguir organizando eventos musicais para poñer en valor a música galega e a comarca de Sarria.

 

0.15998005867004