O coro Sarricanta leva a súa música o sábado 17 ao edificio social de La Unión

SarriaXa
O coro Sarricanta leva a súa música o sábado 17 ao edificio social de La Unión, no concello de Sarria a partir das 19.00 horas
sarricanta 2022
sarricanta 2022
9 sep 2022

Os amantes da música poderán desfrutar o vindeiro día 17 a partir das 19.00 horas nas instalacións da sociedade La Unión, das actuacións do coro Sarricanta e da Escola-Banda de Antas de Ulla.

Este día foi o elixido para que a banda sarriá presente o seu disco editado con motivo do seu vixésimo aniversario.

O concerto, que dará comezo ás 19.00 horas na sede da centenaria sociedade sarriana na rúa Matías López, terá entrada gratuíta hasta completar o aforo.

Trala actuación de Sarricanta será a quenda da Escola-Banda de Antas de Ulla, dentro do programa Tradigalu da área de Cultura da Deputación Provincial. Unha iniciativa dedicada á promoción da música tradicional.

Na organización do evento colaboran a Xunta de Galicia (a través do Xacobeo 21-22), a vicepresidencia da Deputación lucense, o concello de Sarria e a propia sociedade que acolle as actuacións musicais.

SARRICANTA

Esta agrupación musical de orixe sarriá, vén de gravar un disco con motivo do seu vixésimo aniversario, formado por temas da música popular galega entre os que se atopan títulos coma Meu amor é mariñeiro, O mar enrola na area, Chorima ou Vento do norte.

O seu obxectivo era o de "querer innovar un pouco", segundo afirman membros do coro nas súas redes sociais. Arredor de vinte persoas participaron na gravación das pezas nas que as voces masculinas e femininas van acompañadas por un acordeón e por música de gaita, bombardino, saxofón e percusión tradicional.

actuacion launion sarria