O CPI Ramón Piñeiro de Láncara acollerá unha sesión inmersiva de planetario o 22 de maio

A Asociación Pícaros do CPI Ramón Piñeiro organizará o vindeiro 22 de maio unha actividade de planetario inmersivo no ximnasio do centro educativo co obxectivo de achegar o universo e a astronomía á comunidade escolar e ao público en xeral.
A iniciativa xorde polo interese suscitado arredor do próximo eclipse solar e permitirá aos asistentes desfrutar dunha proxección dixital e inmersiva sobre o universo e o ceo nocturno. A actividade desenvolverase no ximnasio do centro e está dirixida a todos os públicos a partir dos 3 anos de idade.
Desde a organización explican que tamén poderá participar xente allea á escola. As persoas interesadas poden anotarse a través do grupo habilitado para a actividade ou contactar con calquera membro da Asociación Pícaros.
O prezo da entrada será de 3 euros para as persoas socias e de 5 euros para as non socias.