O DéporCampus Cabreiroá celebrarase na Ribela de Sarria a finais de xuño

SarriaXa
A actividade, destinada a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, terá lugar no Estadio da Ribela entre os días 24 e 28
deporCampus-Sarriana
deporCampus-Sarriana
11 jun 2024

Sarria acollerá, por segundo verán, consecutivo un DéporCampus Cabreiroá, froito da colaboración entre a Fundación RC Deportivo e a SD Sarriana.

Á presentación acudiron José López, coordinador da SD Sarriana; Alejandro Vidal, responsable de área social do Real Club Deportivo, e Sergio Maurente, coordinador de programa local da Fundación Real Club Deportivo.

A actividade, destinada a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, terá lugar no Estadio da Ribela durante a última semana deste mes de xuño, entre os días 24 e 28.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Sarria e realizar o proceso de inscrición ata as 14.00 do martes 18 de xuño e para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.