O equipo de fútbol sala Puebla Futsal solidarízase co pobo ucraíno

SarriaXa
El equipo de fútbol sala Puebla Futsal de Láncara se solidariza con el pueblo ucraniano y recoge donaciones hasta el 26 de marzo.
puebla futsal doazon ucraina
puebla futsal doazon ucraina
15 Mar 2022

O pasado venres, o equipo de fútbol sala Puebla Futsal lanzou unha campaña de recollida de doazóns cos que solidarizarse co pobo ucraíno. Esta deu comezo o pasado 13 de marzo e estenderase ata o vindeiro 26 deste mes.

Nas súas redes sociais difundiron unha serie de imaxes que convidaba aos asistentes do encontro, que tivo lugar esta fin de semana entre o Puebla Futsal e o Korreo Guitiriz B, a levar todo tipo de útiles como medicamentos, material médico, mantas, tendas de campaña, lanternas, sacos de durmir, luvas, alimentos non perecedoiros, cueiros, alimentos para bebés, etc. Aqueles que colaboraran recibirían unha rifa para o sorteo dunha bufanda firmada polos xogadores que se sorteou no encontro contra o Korreo Guitiriz FS.

Os veciños que non tiveron a oportunidade de achegarse o pasado domingo ao pavillón municipal da Pobra de San Xiao a realizar a súa doazón pode achegarse ata o día 26 de marzo en horario comercial a Efer Galicia, Comercial Luseiro ou Café Bar Avenida.

Para acadar máis información pódese chamar aos números 630 671 177 ou 679 158 803.

0.14019417762756