O equipo de Wu Shu da Pobra de San Xiao obtén bos resultados no Campionato Galego de Wu Shu

Un alumno do equipo de Wu Shu da Pobra de San Xiao, Roi Pérez López, conseguiu proclamarse Campión Galego de Wu Shu na modalidade San Da / Qing Da o pasado 4 de marzo.
O Campionato Galego de Wu Shu Deportivo tivo lugar en Verín (Ourense), durante o cal Roi Pérez, "un alumno destacado" defenden desde o equipo de Wu Shu das Escolas Deportivas Municipais de Láncara, afrontouse contra adversarios de menos de 70 kg. Así, foi preseleccionado para o futuro campionato de España.
O Ximnasio Ölympuss Escola Yang, onde entrena o equipo de Wu Shu da Pobra, levou á casa dous ouros, dúas pratas e dous bronces noutras categorías.