O equipo de Wu Shu da Pobra de San Xiao obtén bos resultados no Campionato Galego de Wu Shu

SarriaXa
O equipo de Wu Shu da Pobra de San Xiao obtén bos resultados no Campionato Galego de Wu Shu como o campión galego, Roi Pérez
Wu shu campionato galego
Wu shu campionato galego
8 mar 2023

Un alumno do equipo de Wu Shu da Pobra de San Xiao, Roi Pérez López, conseguiu proclamarse Campión Galego de Wu Shu na modalidade San Da / Qing Da o pasado 4 de marzo.

O Campionato Galego de Wu Shu Deportivo tivo lugar en Verín (Ourense), durante o cal Roi Pérez, "un alumno destacado" defenden desde o equipo de Wu Shu das Escolas Deportivas Municipais de Láncara, afrontouse contra adversarios de menos de 70 kg. Así, foi preseleccionado para o futuro campionato de España.

O Ximnasio Ölympuss Escola Yang, onde entrena o equipo de Wu Shu da Pobra, levou á casa dous ouros, dúas pratas e dous bronces noutras categorías.